22 de nov. de 2023

MAGOSTO 🌰

 So podemos dar as gracias as familias por facer posible esta xornada de convivencia con toda a vosa colaboración e compañía. Quedamos con ganas de repetir! 

























16 de nov. de 2023

PIRATA CARATRANS 🏳️‍⚧️

No marco do programa IGUÁLA-T contamos coa visita de Berta da asociación NOS MESMAS para desenvolver un obradoiro de diversidade. Enviounos unha mensaje chea de valores en igualdade a través dun conto e a súa personaxe protagonista, pirata CARATRANS. Tamén pintamos a nosa bandeira pirata, fixándonos nas suas cores: azul, rosa e blanco. 







COLONIA 🍊

 Seguimos coas actividades relacionadas coa nosa contorna inmediata, aproveitando os recursos que nos brinda o patio e dando continuidade a experiencia iniciada directamente debaixo da Laranxeira a semana anterior. 

Nesta ocasión experimentamos para realizar unha colonia con aroma a laranxa  directa da árbore e polo tanto natural. É dicir, unha actividade sensorial, de vida práctica e de habilidades manuais conectada co proceso experimental pois: 

- Formulamos hipóteses “qué pasará?” e anotamos. 

- Executamos os pasos achegándonos ó texto prescriptivo, unha nova oportunidade para traballar a lectoescritura de forma contextualizada e real. 

- Agora toca esperar, observar, rexistrar. 

- Comprobaremos o resultado final en 15 días (xa o temos anotado no calendario, sendo así tamén conscientes do paso do tempo) e compararemos o proceso coas hipoteses formuladas. “Porase verde, laranxa ou vérmela?? como ulirá?”

- Por último dando sentido total a actividade, se o experimento funciona tocará empregala para perfumar os nosos espacios, por exemplo os aseos! 

Por certo…. Tamén PAPAMOS! Un aperitivo moi saudable!