29 de out. de 2025

🎃 Samaín máxico na Escola de Pousada 👻




Este Samaín vivimos unha xornada chea de ilusión, maxia e algún que outro susto na Escola de Pousada! 🕸️✨

Comezamos o día cunha cabaza xigantesca que pesamos e levamos directa a cociña para elaborar chulas de cabaza. 

Mentres, decoramos os manteis para a merenda en comunidade e desprazámonos ata o baixo para desfrutar dunha incrible sesión de maxia do Mago Luis, que nos deixou coa boca aberta con cada truco 🪄.  A continuación, puidemos probar o timbre terrorífico que chegou dende a BiblioCRA… e si, deu moito medo! 😱🔔

Despois chegou o momento de recuperar forzas cunha merenda terrorífica, preparada con moito cariño polas familias 🎃🍪🧃. Moitísimas grazas pola vosa colaboración! 💛

A mañá continuou con obradoiros de Samaín, nos que experimentamos con pasta monstruosa 🍝👾 e fixemos teares de castaña (ou mellor dito, teas de araña!) 🕷️.

Rematamos co conto terrorífico da Bruxa regañadentes para a volta a calma antes de ir a casa.

Foi un día cheo de risas, sustos e creatividade! Así da gusto celebrar o Samaín en comunidade. 🧡 












































Ningún comentario:

Publicar un comentario