Hoxe como receita elaboramos unha empanada de millo, aproveitando para falar tamén doutros cereais que empregamos para mesturar a fariña: trigo e centeo. Na cociña desenvolveron habilidades manuais e de vida práctica, pelar, cortar, amasar, limpar, levar residuos al composteiro…. e traballo en equipo.
Paralelamente na aula e para dividir o grupo realizamos diversas propostas en relación á tematica traballando habilidades diversas:
- Fomento do gusto pola lectura, mellora da expresión oral e dramatización cun escenario no que representar o contó: Maruxa
- Modelado
- Investigación co microscopio e representación gráfica do observado
- Pintura con acuarelas
- Debullado
- Composicions con elementos do outono
- Xogo coa luz, estimulación sensorial
- Xogo sensorial con peneiras, coladores, botes…
- Lectoescritura partes do millo, asociación palabra e inaxe.
Logo escribimos a nosa receita aproveitando un feito significativo e vivido para o traballo da lectoescritura. O alumnado decidía qué ingredientes incorporar e tivo liberdade para ou escribir ou cortar e pegar o vocabulario.



























Ningún comentario:
Publicar un comentario