Noticia! Álvaro, o mestre composteiro tivo que vir pola escola pois no noso composteiro non había lugar para máis residuos. Amosounos que estamos a ter moitos residuos orgánicos e que polo tanto quizais precisamos facernos con outro composteiro.
Reflexionamos sobre por qué está pasando isto, observando grandes cambios nos nosos residuos gracias a dinámica das merendas. Comparamos ademáis cos residuos plásticos.
Álvaro aproveitou para amosarnos como é o proceso de descomposición e cales son os bechiños encargados diso. Incluso puidemos observar que do composteiro saía fume ao remexer o que indica a temperatura correcta e o gran traballo de bacterias e fungos.
Gracias pola visita! Seguramente teña que voltar pronto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario