Velaquí algunhas das propostas incluídas na aula nuestra días para trabajar aspectos diversos: conteo, asociación cantidade-grafía, conciencia fonolóxica, orientación espacial, habilidades de psicomotricidade fina….
Ademáis non nos esquecemos de agradecer a participación das familias traendo adornos, traballando a reciclaxe, e incluso decorando en compañía do alumnado o que favorece a relación familia-escola e convivencia.
Estamos desenvolvendo actividades en relación ao calendario de advento o cal é unha ferramenta fantástica para traballar o paso do tempo e o recoñecemento de números de xeito motivador. Ata o momento as actividades foron:
- Montar a árbore: para o cal tivemos que seguir instruccións, fixarnos no código de cor, coordinarnos cos demais….
- Decoración de ventás: deixando espazo para a creatividade e Traballando a valoración e respecto pilas creacións dos demais.
- Pintar o nariz como rudolf: a prol das relacións entre o alumnado (un pinta a outro), a psicomotricidad e fina e coordinación óculo- manual pero tamén da expresión de agrado e desagrado e respecto para os demais (un espazo libre para poder expresar que non queren ou non lle gusta e respectalo).
- Decoramos a cabaña. Luces e bolas. Ademáis as bolas convertéronse nun elemento móbil de xogo, susceptibles de ser transportadas e mesmo agochadas, fomentando a creatividade, imaxinación… Pola propia iniciativa do alumnado fixeron unhas coroas con elementos naturais e lá.
- Conto especial de Nadal: Estoy harto de la navidad. Dando visibilidade tamén a outra visión desta celebración que pode ser molesta para moitas persoas e incluso animáis polo exceso de estímulos.
- Agasallos de abrazos. Co obxecto de valorar os agasallos non materiais. Ademáis aproveitamos para incidir na importancia de preguntar antes do contacto físico, non a todas as persoas lle gustan os abrazos ou non nese momento.
- Decoración da arbórea con bolas personalizadas. Gracias a familia que as preparou, temos así unha arbóre cargadiña de identidade, pois o nome é unha parte da nosa identidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario