As instalacións de xogo fomentan aspectos como a expresión, o movemento, o xogo, a creatividade, as relacions, a colaboración entre iguais, a organización, o xogo simbólico e dramático, as experiencias sensoriais, entre outros. Son en sí mesmas unha transformación do espazo preparado, por mor da acción e do vivido nelas.
En primeiro lugar comezan a explorar de xeito individual pero logo comezan a traballar xuntos, interaccionando e dándolle diferentes usos os materiais que nelas se presentan, moitos deles desestructurados.
Nesta ocasión por exemplo as caixas e restos de embalaxe convertéronse en trineos, construccions ou ata pizzería.
Por último é moi importante recoller xuntos, colaborar e representamos gráficamente o vivido. Permitindo analizar así o tipo de xogo que primou e tamén a capacidade de reflexión e representación tanto do espazo como de toda a experiencia. Más representacións apareceron moitos papeis voando e moitos cadrados que representaron o cubo empregado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario