Continuamos o traballo coa laranxa xa iniciado, sacándolle todo o proveito os recursos do patio, traballando sobre alimentación, saúde e hixiene, desfrutando de experiencias sensoriais, adquirindo habilidades de vida práctica pero tamén traballando coa linguaxe e as matemáticas (medidas). E o máis importante, realizando un traballo en equipo!
Nesta ocasión dividímonos en 3 equipos con alumnado de ambas as dúas aulas:
- equipo encargado de cortar, exprimir e medir a cantidades de zume
- equipo encargado de medir o resto de ingredientes e levalos á cociña
-equipo encargado de amasar, mesturar e remexer
O produto final foi un traballo sumado dos tres equipos, sendo as funcións de cada un necesarias para lograr o obxectivo común: o biscoito. Logo… o papamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario