No tempo de recunchos poden "apuntarse" en : perruquería, hospital, tenda, restaurante, casiña, carpintería, xogos de mesa, xogos na cortiza ou alfombra, biblioteca,xogos de mesa, recuncho das novas tecnoloxías ,etc.
O xogo simbólico é unha forma de aprender e practicar a realidade da vida, que non debemos desvirtuar querendo dirixilo, actuando como animadores ou incluso como participantes que non foron invitados. O xogo simbólico é unha experiencia vital da infancia que posibilita transformar, crear outros mundos, vivir outras vidas, xogar a ser outros e así aprender a pensar coma os outros, a sentir como os outros e, en definitiva, a saber se existen formas de pensar e sentir diferentes á propia.
A escola é un lugar onde se aprende a vivir, e o xogo simbólico é un “espazo de ensaio” para a aprendizaxe da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario