4 de dec. de 2014

CULTURGAL 2014. VENRES

VENRES, 5 DE DECEMBRO.
Prezo neno e nena: 1 euro. Tendes bonos de 2 euros se queredes ir diferentes días.
Os monicreques da merenda
18:30 h.
Espectáculo de monicreques para crianzas baseado nos personaxes dos libros da merenda de Urco Editora.
 
O murmurio do mar
19:30 h
A Xanela do Maxín
o_murmurio

A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación mergullarémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras.
 
Gatuxo de Magín Blanco. Presentación do libro disco
20:30h
Fol Música
magín blanco

Presentación do libro disco Gatuxo, volve Magín Blanco cun conxunto de cancións fermosas cuxa escoita activa axuda a nenas e nenos a estimular imaxinación e memoria e a estreitar os vínculos afectivos coas persoas da súa contorna. Editado por Fol Música
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario