Xa sabedes que precisamos:
□
Roupa negra e pucho negro para o traxe.
Completaremos o disfraz con material de refugallo que reciclaremos.
□
As aletas farémolas coas partes
laterais dos recipientes de suavizantes, deterxente líquido...
□
As gafas de mergullo serán a base da botella.
□
O cinto de chumbos para non aboiar e quedar no fondo do mar, estará
feito con caixas que construíu Rubén , o pai do polbiño Xoel e que nós
pintaremos na escola.
□
As bombonas de osíxeno, serán duas botellas de plástico de refresco e
unirémolas con fita aillante negra.
□
O tubo para poder respirar será do que usan os electricistas como
Juan, o pai de Xián, quen traerá o material e tamén traeran máis tubo os pais
de Hugo.
□
O manómetro de pulso, para comprobar a profundidade, a presión...
elaborarémolo na escola.
E con todo o equipo ímonos MERGULLAR para disfrutar dos fondos mariños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario