28 de xan. de 2013

30 DE XANEIRO. Día da paz.

O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o día da paz. Dende a escola querémosvos propor, que xa que este ano o disfraz do Antroido vai de mergulladoras e mergulladores, toda a familia ( incluídos amigos, gatos, cadelas, paxaros e ata ratos) os mergulledes nos mares profundos para facer duas propostas:

1. Deixar no fondo do mar para que nunca máis aboien á superficie aquelas ideas, obxectos, pensamentos, emocións, sentimentos... que desexedes que queden enterrados para achegarnos a un mundo máis vivible, máis pacífico, menos inxusto...

2. Recuperar do fondo do mar as ideas, ilusións, sensacións, cores, luces, cheiros, emocións, cancións, proxectos... que nos axudarían a vivir nun mundo máis solidário, máis xusto, menos desigual...


As propostas son totalmente abertas. Podedes escribir un texto, debuxar, facer un collage, traer palabras, ideas, fotos, pedras, flores... o que vos queirades.


Na escola teremos unha caixa para agochar no fondo do mar  e outra para aquilo que recatemos para espallar polo aire e que caía como choiva para que quede para SEMPRE incorporado no ciclo da auga. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario