7 de out. de 2026

OBRADOIRO LECTOESCRITURA CHUVISCA

 Aproveitamos o libro Chuvisca para realizar unha actividade de lectoescritura coas vogais cómo protagonistas. 

O traballo nesta etapa é globalizado e os contidos curriculares están interconectados así que comenzamos coa representación do conto con pezas soltas traballando a prol da atención, a orientación espacial, o tamaño, a comparación e discriminación…. Elaborando a Nosa propia arbórea sobre a que colocar os personaxes do conto, cada un no seu lugar correspondente. 

Logo traballamos o son da vogal asociada a cada personaxe e a sus grafía. Ao rematar o conto realizamos un traballo en mesa que requería representar todos os contidos abordados anteriormente en gran grupo (localización, son, grafías….). 

Os contos constituen sempre un vehículo e motivación cara o traballo de diversos contidos garantindo neste caso o achegamento a lectoescritura así como a aspectos básicos de loxica- matemática. 








SAÍDA MARISQUEO EN DEILÁN

Nenas e nenos das escolas de Barciela e Pousada cambiaron a aula pola praia, o porto e a lonxa para descubrir de primeira man o mundo do marisqueo. 💙

Dividímonos en dous grupos para gozar de dúas experiencias diferentes que despois intercambiamos.

⚓ Na lonxa, con Rita, aprendemos algo moi importante: que peixes podemos coller e cales debemos deixar medrar. 🐟

Porque xa o temos claro… pequeniños non, grazas! 🙅‍♀️🐟

Tamén xogamos cunha rede, fixemos a nosa propia poxa de peixe e marisco e coñecemos algúns dos aparellos que se utilizan na lonxa: a báscula, a máquina que separa as ameixas segundo o seu tamaño e a cámara de frío. ⚖️🦪❄️

🌊 Na praia de Deilán, con Rosa, tocou converterse en auténticos mariscadores e mariscadoras. Coñecemos o angazo e puxémonos mans á obra co rastrillo, buscando entre a area ata atopar… berberechos e ameixas! 🦪

Unha mañá para observar, tocar, experimentar, xogar e aprender, achegándonos a un oficio tan importante para a nosa ría e coñecendo todo o camiño que percorren os produtos do mar. 🌊🐚

Grazas a Rutas Marisqueo da Deputación de Pontevedra, e especialmente a Rita e Rosa, por acompañarnos nesta experiencia tan especial.







ASAMBLEAS CHEAS DE CONTIDO

 As asambleas son ese lugar que permite abordar en gran grupo diferentes contidos de xeito real e significativo xa que parte da propia realidade do dia a dia. Ademais diso é o lugar de dar voz a diferentes experiencias, inquietudes e reflexions. 

As asambleas non son sempre iguais senón que unha mesma tarefa como pode ser pasar lista pode realizarse de múltiples xeitos co obxecto de non perder a motivación. 

Velaquí algunas imaxes que exemplifican este traballo: 

- orientación espacial cos bonecos identificativos que indican onde situarse na alfombra (ao lado de, entre….) 

- conteo e sumas 

- conciencia fonolóxica partindo do nome propio

E moito mais! 




 


PRIMEIROS DÍAS CURSO 25/26


Pouco a pouco comezamos esta nova andanza  incorporando rutinas e descubrindo os novos espazos sen esquecernos de socializar e traballar nun novo grupo. Ademais aproveitamos os intereses do alumnado e cada momento para traballar. Reto tras reto cada día!