Estas obras foron escollidas por incluir elementos corporais en contexto co proxecto deste ano.
Acompañamos a experimentación dunha conversa reflexiva sobre: que ves? Que che transmite? Cal che gusta mais?. Aproveitamos para falar do seu título, da importancia de fírmalas e do lugar onde deben estar todas as obras de arte: no museo, expoñéndoas tamén no noso propio museo e podendo así anticipar como debemos actuar na nosa visita ó museo.
Unha actividade completa que terá continuación coa propia saida e con actividades posteriores a ela. É moi importante ter contacto con obras artísticas de calidade.
.


































































