27 de abr. de 2023

A horta

 Esta semana tivemos a sorte de contar coas familias para arranxar a nosa hortiña!

Ademais de deixala moi moi limpiña, tamén plantamos máis cousas como tomates cherrys e cebolas.

Estamos moi contentos coa nosa horta e acudimos todos os días a regar e ver como crecen as nosas hortalizas!

Grazas familias pola vosa colaboración!








25 de abr. de 2023

SEMANA DO LIBRO

Conmemoramos a semana do libro coa proposta "Estacións Lectoras". Con esta os nenos e nenas achegáronse ao conto dun xeito diferente, ao aire libre e mergullándose máis, se cabe, na súa historia. 














































22 de abr. de 2023

DESPEDIDA DAS MESTRAS DE PRÁCTICAS

 Hoxe estamos un pouco tristes porque temos que despedirnos das nosas queridas mestras de prácticas Lucía e Sarai. 

Pasamos moitos momentos divertidos con elas durante os últimos meses e queremos que queden con nós máis tempo. 

Moitas emocións e aproveitamos para sacarnos moitas fotos para que queden no noso recordo.














21 de abr. de 2023

CONTACONTOS

 Aproveitando que o domingo é o Día do Libro, este venres contamos coa visita do mestre Anxo e o seu conto de trasnos. Como somos moi maiores non pasamos nada de medo e agora sabemos que os nosos peluches teñen súper poderes!!






20 de abr. de 2023

VISITA DE NINA

 Sarai trouxo de visita a Nina, a súa cadela. Aproveitamos para falar das nosas mascotas, o seus coidados, nome, de onde viñan…e puxémolo en práctica con ela: 

- Necesita tranquilidade, debemos achegarnos con coidado para que non se asuste, non nos coñece. 

- Necesita cariño: encántalle os mimos pero non na cabeza, prefire no lombo ou barriga

- Necesita estar solta: usa o patio da escola libre 

- Necesita sair a pasear: paseamos con ela.

- Necesita auga: levamos auga para o paseo e bebe ó chegar 

- Necesita alimentarse: merenda con nos e falamos do que pode tomar. 

Ademais estreamos os chalecos e gorras que nos chegaron do programa Vexo veo Xacobeo.