3 de maio de 2018

ADESTRAMENTO para o CROSS

É fundamental que aprendan a sair sen cruzarse nen molestarse uns aos outros.
Como corremos para divertirnos non animamos individualmente, senon ao grupo: Ánimo a todos e todas este domingo!.

       

PLUMA DE XIBA

A XIBA ou SEPIA ten no seu interior unha Cuncha no seu interior que pudimos observar Hoxe na Escola co fin de seguir a descubrir o noso mar.


        





TARUGOS DAS BATEAS

       miticultura ou mitilicultura é o cultivo industrial do MEXILLÓN,  unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras, como na ría de Vigo.
 Hoxe observamos os tarugos de plástico que sen corda. Ainda estamos por descubrir para que serven.

        

OURIZO DO MAR

Ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase Echinoidea dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel").

Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5000 metros de profundidade .

Hoxe na Escola estivemos a observar, tocar e ulir un e descubrimos que:
Ten un aspecto esférico e está  recuberto de espiñas. A única parte que está exenta de espiñas é a boca, que está situada na parte inferior da esfera, a cal leva a rentes do chan.
Ten un esqueleto calcario, de calcio, moi duro e que queda descuberto cando o animal morre.
Como medio de locomoción emprega as espiñas, as cales son móbeis.



       




UN ANO DE POESÍA: Caminiño branco