Hoxe na aula vivimos unha experiencia moi especial 💛: realizamos unha actividade de ilustración artística dun poema pertencente a un libro recentemente presentado: “Sueños de juventud” por unha mamá da nosa aula, Belén Arosa. Foi unha maneira preciosa de achegar a literatura ao alumnado e de poñer en valor o talento das nosas familias.
Antes de comezar a pintar, falamos sobre algúns elementos básicos da poesía: que é un poema, que son os versos e as estrofas, que significa a rima e tamén identificamos o título e a autora.
Tamén reflexionamos sobre aspectos do proceso de creación que Belén recolleu na presentación:
- É preciso un lugar e momento tranquilo para escribir.
- Busca da inspiración en lugares cheos de natureza
- Uso da escritura para expresar e canalizar e sentimientos.
A continuación, escoitamos o poema en voz alta e, mentres se ía lendo, os nenos e nenas foron debuxando e pintando aquilo que lles ía transmitindo, deixando voar a súa imaxinación e expresando emocións a través da arte.
Foi unha actividade moi enriquecedora, na que se mesturaron literatura, expresión artística e emocións, e na que gozamos moito creando a partir das palabras.
A obra final cincuenta foi exposta no exterior da aula co obxecto de poñer en valor tanto o traballo da autora como a expresión gráfica do alumnado. Unha actividade moi relacionada co noso proxecto de arte así como de traballo da lectoescritura a través do arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario