10 de dec. de 2025

Felicitamos a María a Carteira

 Hoxe vivimos unha mañá máxica ✨

Na biblioteca contamos o conto de Papá Noel e o correo, descubrindo como viaxan as cartas cheas de ilusión. 






Despois, puxémonos mans á obra e fixemos a nosa felicitación para María, a carteira de Vilaboa con moito agarimo e creatividade.







E o mellor chegou ao final… 🎁

De sorpresa, achegámonos a primeira hora a oficina de Correos para entregarlle persoalmente a nosa felicitación. Un momento cheo de emoción que non esqueceremos!

A maxia do Nadal está en cada pequeno xesto ❤️🎄








Ningún comentario:

Publicar un comentario