Agora si, o tempo permitiunos recibir o cambio de estación con ritual moi especial. Saimos ao exterior para facer a asamblea tod@s xuntos na nova cabaña, falando moito dos cambios que se estaban a producir na nosa contorna (brotes na cabaña, flores nas árbores, paxariños cantando…)
Cantamos a canción de Viva a Primavera de Pablo Díaz, e en equipo fixemos unha coroa que agora pendura da cabaña. Ademais aproveitamos para inaugurar a cabaña e elixirlle un nome (tras unha dificil votación), oficialmente é a: CABAÑA DAS FLORES 🌸
Fixemos unha merenda especial, de “picnic” e ao aire libre na que non faltou: melón, limoada e ata queixo tetilla con marmelo.
Aproveitamos tamén para reflectir estes cambios más arbóres en papel cunha proposta de arte en acuarela. E permitimos experimentar sensacións cos pés sobre a herba e a terra e incluso o aire, como dixo unha alumna: “al columpiarme descalza puedo sentir el aire haciéndome cosquillitas en los pies”
BENVIDA PRIMAVERA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario