Saída ao bosque que deu para moito. Primeiro foi anticipada na escola buscando pigmentos naturais a partir de eucalipto, logo aproveitamos a saída para investigar, probar, mesturar, tocar e experimentar como facer máis. Ademáis nesta saída puidemos desfrutar de:
- Tempo de convivencia
- Ruta tranquila, parándonos a observar, escoitar e mesmo hipotetizar sobre as traxectorias dos avións e onde se cruzaban.
- Merenda picnic descubrindo que a natureza invita a un ambiente máis tranquilo para merendar. Levamos froita (plátano, mazá, pera e mandarina) e iogur podendo engadirlle mel, pipas, arándanos e canela.
- Superación de obstáculos. Todo un reto camiñar por ese terreo poñendo a proba o equilibro, a atención….
- Vinculación coa contorna e paso do tempo. Descubrimos a cabaña feita o curso pasado, a cal foi resistente á chuvia e o vento, analizando a nosa construción e facéndolle melloras.
- Desfrute do conto en natureza e na cabana.
- Observación de arbóres e elementos naturais.
- Traballo da autonomía e identificación da roupa axeitada para a saída.
- Investigación e uso de lupas, microscopio e brúxula.
- E moito máis! Voltaremos sen dúbida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario