21 de nov. de 2024

ARTE E MUSEO 🎨🖌️🖼️


 Co obxectivo de anticipar a saida do próximo luns ó café moderno traballamos inspirándonos en 3 das obras que están alí presentes aproveitando para estimular a creatividade e gusto polo arte pero tamén para crear obras de arte con diferentes técnicas artísticas. 

Estas obras foron escollidas por incluir elementos corporais en contexto co proxecto deste ano. 

Acompañamos a experimentación dunha conversa reflexiva sobre: que ves? Que che transmite? Cal che gusta mais?. Aproveitamos para falar do seu título, da importancia de fírmalas e do lugar onde deben estar todas as obras de arte: no museo, expoñéndoas tamén no noso propio museo e podendo así anticipar como debemos actuar na nosa visita ó museo. 

Unha actividade completa que terá continuación coa propia saida e con actividades posteriores a ela. É moi importante ter contacto con obras artísticas de calidade.
































Ningún comentario:

Publicar un comentario