Hoxe desfrutamos dunha estupenda xornada na escola de Pousada, onde asistimos a unha obra de teatro e posterior obradoiro da Fundación IgualARTE, titulada “Todas e todas contamos” e que trataba da diversidade familiar.
Ademais, ao longo da mañá realizamos diversos obradoiros rotatorios relacionados cos MAIOS e levados a cabo en pequenos grupos: pulseiras de pampullos, ARTE e flores, estructuras de maios con KAPLA, English Flowers, ritmos e coplas de maios e taller de ioga.
Ademais tamén desfrutamos dunha merenda compartida e de moito xogo no espectacular patio da escola de Pousada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario