Estes días un acontecemento indesexable está enchendo as nosas costas de microplásticos. Os medios de comunicación chámanlles pellets.
Desde a escola non somos alleos a esta realidade, os plásticos chegan á nosa ría e temos que aprender a recollelos sen prexudicar ao mar, ás mariscadoras, ás ameixas…
Na escola de Pousada estamos a aprender como hai que facer para separalos sen crear un impacto negativo no medio.
Rexistramos o aprendido
E os plásticos ao contenedor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario