15 de nov. de 2023

VICHES POR AI Ó RAPOSO? 🦊

 En Pousada seguimos traballando sobre este animal preguntando e visitando á veciñanza. Gracias a isto tamén nos abriron as portas para observar outros animais autóctonos e os seus coidados. Vivenciamos valores de coidado do medio, coidado dos animais, respecto dos mesmos… 

Ademais aproveitamos para colocar carteis informativos: “pon a salvo as túas galiñas e os teus ovos” porque confirmannos os veciños que o raposo anda pola zona cada noite, compartimos información e experiencia con eles e gracias a iso tamén xurdiron conversas entre os propios veciños. 

O cartel ademais achéganos a propiedades deste tipo de texto como o seu valor informativo (ao igual que outros carteis que estaban polo lugar) é dicir, un achegamento a lectoescritura contextualizada e en situación a reais e significativas. 

Moitas gracias veciñanza por colaborar! 





























Ningún comentario:

Publicar un comentario