30 de nov. de 2022

XOGOS DAS BOLSAS BRINCACONTOS 🧩🦘


Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na clase da mestra Alba, chegou a bolsa rosa, vinculada ao plan EduSaúde, e por iso os peques nos explican a xogar aos “Dados de ioga” 




Na clase da profe Henar,  chegou a bolsa negra, asociada al plan EduInnova, por iso chegou o “Marge Cube” co que nos aproximamos á realidade aumentada. 



E se vos preguntades como grabamos esta pasada de vídeos, aquí vos deixamos unhas fotiños do proceso de creación co croma, material de Polos Creativos. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario