22 de maio de 2022

FRONTEIRA

 Entre a luz e a escuridade, entre o silencio e o son, entre o eu e o nós, entre dentro e fóra, entre a quietude e o movemento hai unha fronteira que non é fixa nin inamovible senón permeable e onde todo flúe.

A escuridade de Luceira creou un espazo onde as crianzas traspasaron as tebras coa luz que levaban na fronte. Proxectaron feixes luminosos achegándose e afastándose dun punto. Crearon sombras máxicas. Agochados baixo o manto da noite movéronse como vagalumes e as palabras eran  de luz.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario