27 de out. de 2021

CESTA FROITEIRA DE OUTONO

 Unha cesta de froitos de outono deunos a oportunidade de desfrutar aprendendo ou, viceversa, aprender desfrutando. A dureza da noz marcou a diferenza coa froita da paixón ou maracuiá, que amosaba o mesmo aspecto exterior. A confusión entre castaña e noz apareceu no escenario. O descoñecemento das guaiabas ( que compartían a cor exterior co interior da carepa dos maracuiás ) significou un novo coñecemento para o grupo, pois ninguén coñecía a froita brasileira irmán da feixoa que si que a probaran varias crianzas. As mazás serodias e as tabardillas deron paso aos figos frescos coa intensidade da súa cor e case tan doces como o mel que imos probar o día 3 en Apípolis os Golfiños e as Gavotiñas.Todos os froitos foron apañados na nosa terra.










Ningún comentario:

Publicar un comentario