14 de xuño de 2020

26 días de CASAS ABERTAS


Xa está a punto de chegar o verán. Aínda que xa houbo días moi quentes en Maio e Xuño, ven algo mollado.

Durante este mes ten lugar o solsticio de verán, o día 21, no hemisferio norte, onde estamos. É o día máis longo e a noite máis curta do ano ( no hemisferio sur é o solsticio de inverno) prodúcese o paso da primavera ao verán.

Lembrades que neste tempo na escola xogabamos coa auga?Pasabamos por baixo da mangueira como se esta fose o arco da vella. Botabamoslle   aire co inflador ao foguete, cargado cunha pouca auga, e este saía disparado describindo elipses únicas en cada lanzamento. Experimentabamos cos globos de auga e as súas traxectorias. Soprabamos con enerxía o líquido preparado con auga e xabón para facer  fráxiles pompas que viaxaban por riba das nosas cabezas e que tratabamos de apañar. 


 




E chegaba o día da andaina ao Río do Porco e, despois do camiño baixo o sol, estaba a sombra baixo a árbore de nome incerto e deitabamonos enriba da gran farrapeira para descansar e deixar as nosas cousas arrumadiñas e desfrutar facendo presas e botando canas río abaixo e topando tesouros e descubrindo a vida e habitando paraísos de infancia que nos constrúen con ilusión.




Estas vivencias inesquecibles vannos acompañar sempre e as risas molladas e as grandes e pequenas ideas compartidas.




Aquí está o verán. Tempo de vivir fóradesde dentro, desde o aprendido, desde o compartido, desde a auga, desde a terra, desde o aire, desde cada quen. 

Aquí tendes a Nosa proposta semanal, 9º semana.


Dende dinamizazación da língua da galega vos deixamos esta proposta:



Lembrades como as preparamos o ano pasado coa axuda de Carmela?



Ningún comentario:

Publicar un comentario