Alguén se decatou de que xa estabamos no mes de Xuño, adicado na antiga Roma á deusa Xuno?
Quen mirou á Lúa bañarse na ría nunha noite clara a semana pasada?
Seguro que o pasáchedes xenial xogando coa auga nun tinón, nunha piscina, nun regato, na Praia dos Olmos, no Río do Porco( que xa está limpo), na Poza da Moura, na Praia de Domaio, na Praia de Deilán, na Praia de Austral e nunha chea de lugares onde nos podemos refrescar en tempos nos que o Sol está mais pretiño de nós.
Grazas a anos de esforzo hoxe está como o vedes na imaxe de arriba.
Preguntade á xente máis vella se coñecen os FALUCHOS que había na Ría de Vigo. (Unha pista: Ademais de nadar, no mar podemos navegar).
Unha bióloga mariña, ANA PÊGO, descubriu unha especie invasora, que denominou, Plasticus maritimus. Esta especie non pertence ao mundo natural pero está cada vez máis presente nas nosas costas, ten unha grandevariedade de formas, posúe todas as cores, mesmo a cor invisible, podemos topala de todos os tamaños, desprázase con facilidade en función das correntes e dos ventos, distribúese por todos os océanos e zonas costeiras do mundo, é unha experta da camuflaxe, chegando a mimetizarse co placton, adáptase a todos os ecosistemas, trátase dunha especie exótica e invasora. A súa toxicidade é alta, constitúe unha ameaza, a súa erradicación depende da eliminación de produtos descartables (actualmente o 50% do plástico é de un só uso),da reducíon da produción e do consumo de produtos de plástico e do aumento da reutilización e da reciclaxe.
Que vos parece a idea de reciclar as bolsas de plástico? Ao saír da casa para ir á praia collemos unha bolsa dobradiña, gardámola na mochila e ao chegar á praia metemos dentro as especies de Plasticus maritimus ou Plasticus terrestris que topemos para seren recicladas. Dita tarefa farémola regularmente para que sexa efectiva. O mar é un tesouro.
TODAS AS MANS PARA COIDAR O MAR.
Aquí tes o vídeo títulado “La mer” ( el mar) , deixate levar pola música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario