24 de xuño de 2020

ATA SEMPRE!


Neste curso tamén despedimos á que foi a nosa orientadora dende hai 12 anos e nai da escola do Ribeiro.  O noso recoñecemento a túa labor. Grazas!.



19 de xuño de 2020

A VOSA PEGADA

Como xa é tradición no Ribeiro estes días deixastes a vosa pegada no muro, cada quen no seu sitiño. Non pensedes que falta unha, pois Antón xa deixou a súa pegada o curso pasado xunto a súa amiga Elia.  Aquí sempre teredes o voso espacio e pasases a formar parte dos golfiños que poden atravesar un océano e as gavotiñas que voan cara novos lugares.






15 de xuño de 2020

CONCERTO

Mañán, martes, lembrade que teredes o concerto de ce orquestra pantasma no canal do cra de YouTube. Hora: 15h.      Un adianto para ir animándose.

Aquí vos queda o enlace para participar en directo:

https://youtu.be/Bx9ZZGyas2k

OCEAN IN A BOTTLE

Ocean in a bottle 

Hello everybody,  this week, there is a new challenge,
Do you love the ocean ?
Can you make an ocean in a bottle?











14 de xuño de 2020

26 días de CASAS ABERTAS


Xa está a punto de chegar o verán. Aínda que xa houbo días moi quentes en Maio e Xuño, ven algo mollado.

Durante este mes ten lugar o solsticio de verán, o día 21, no hemisferio norte, onde estamos. É o día máis longo e a noite máis curta do ano ( no hemisferio sur é o solsticio de inverno) prodúcese o paso da primavera ao verán.

Lembrades que neste tempo na escola xogabamos coa auga?Pasabamos por baixo da mangueira como se esta fose o arco da vella. Botabamoslle   aire co inflador ao foguete, cargado cunha pouca auga, e este saía disparado describindo elipses únicas en cada lanzamento. Experimentabamos cos globos de auga e as súas traxectorias. Soprabamos con enerxía o líquido preparado con auga e xabón para facer  fráxiles pompas que viaxaban por riba das nosas cabezas e que tratabamos de apañar. 


 




E chegaba o día da andaina ao Río do Porco e, despois do camiño baixo o sol, estaba a sombra baixo a árbore de nome incerto e deitabamonos enriba da gran farrapeira para descansar e deixar as nosas cousas arrumadiñas e desfrutar facendo presas e botando canas río abaixo e topando tesouros e descubrindo a vida e habitando paraísos de infancia que nos constrúen con ilusión.




Estas vivencias inesquecibles vannos acompañar sempre e as risas molladas e as grandes e pequenas ideas compartidas.




Aquí está o verán. Tempo de vivir fóradesde dentro, desde o aprendido, desde o compartido, desde a auga, desde a terra, desde o aire, desde cada quen. 

Aquí tendes a Nosa proposta semanal, 9º semana.


Dende dinamizazación da língua da galega vos deixamos esta proposta:



Lembrades como as preparamos o ano pasado coa axuda de Carmela?



AUDICIÓN E LINGUAXE: SEMANA 15 - 19 XUÑO


Ola nenos e nenas esta semana rematamos o curso, espero que pasedes moi bo verán, vémonos en setembro!!! Moitos bicos e abrazos!!!!
Aquí déixovos a actividade para esta última semana.
PIPA PARA PRACTICAR O SOPRO:
Imos necesitar:
-           1 Botella de plástico
-           1 Palliña
-           1 Bolita de papel
1.- Primeiro cortamos a parte superior da botella para facer un funil.
2.- Facemos un buraco ao tapón do tamaño da palliña.
3.- Acurtamos os extremos da palliña.
4.- Introducimos a palliña polo buraco e colocamos a pelota dentro.
5.- Sopramos pola palliña.