3 de maio de 2018

OURIZO DO MAR

Ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase Echinoidea dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel").

Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5000 metros de profundidade .

Hoxe na Escola estivemos a observar, tocar e ulir un e descubrimos que:
Ten un aspecto esférico e está  recuberto de espiñas. A única parte que está exenta de espiñas é a boca, que está situada na parte inferior da esfera, a cal leva a rentes do chan.
Ten un esqueleto calcario, de calcio, moi duro e que queda descuberto cando o animal morre.
Como medio de locomoción emprega as espiñas, as cales son móbeis.



       




Ningún comentario:

Publicar un comentario