22 de xuño de 2016

LIBRO DA FROITA 2013-16

Neste libro podedes observar a evolución dos vosos fillos e fillas na representación da realidade mediante o debuxo, sen interferencias do adulto senón pola sua asimilación de conceptos como tamaño, cor, forma, etc.
Na parte que ten relación coa lectoescritura , comezamos coa identificación de nomes das froitas e posterior escritura , respectando o seu momento evolutivo pero potenciando o seu avanze.
A busqueda de información tamén é necesaria ao longo destes tres anos de realización do libro xa que poden utilizar diccionarios visuais adaptados a sua edade, libros de froitas confeccionados na escola, tarxetas de alimentos, tarxetas do día da semana e mes para completalo. ë un traballo que realizan individualemnte pero coa axuda do equipo, sendo o coordinador ou coordinadora o responsable de que todo o equipo remate a tarefa e asi mesmo o encargadoou encargada  de material debe ter no centro da mesa todo o material preciso para realizar o traballo, por último o encargado ou encargada de posicións debe asegurarse de que todos os membros do equipo estan ben sentados e collen os útiles do modo axeitado, polo que tamén potenciamos a responsabilidade dos no alumnado, o traballo individual en equipo e a aprendizaxe entre iguais .

Ningún comentario:

Publicar un comentario