11 de feb. de 2015

O MERCACHES OU O FIXECHES?

Hoxe realizamos unha actividade de concienciación, para traballar a educación para o consumo e o coidado do mediambiente , xa que as actividades de reciclaxe ademais de fomentar a creatividade e aportar un tempo de calidade entre pais e nais e fillos e fillas,nos aportan orixinalidade e benefician ao noso planeta, xa que deste xeito evitamos a utilización de determinadas materias primas como o plástico que tanto contaminan o noso mundo.

Pretendemos unha formación como persoas con actitude crítica e hábitos de responsabilidade ante o consumo.
O obxectivo principal é potenciar a aparición de actitudes positivas diante da súa propia educación e información como consumidores, comparando hábitos consumistas cos que non. 
Estes e estas piratas o entenderon a perfección, e xa saben que o noso tesouro e unha imaxinación de ouro!!.

2 comentarios:

  1. Hola. es una actividad de recoclaje muy interesante... unas creaciones de piratas perfectas. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
  2. Na imaxe parecen mercadorías requisadas pola garda civil.Je,je.

    ResponderEliminar