20 de xan. de 2014

ÍCARO

Estivemos observando e admirando este cadro de Matisse. Escoitamos a historia de Ícaro e axudounos a entender o cadro, atopamos nel un corazón acelerado pola caida cara o mar e nos aventuramos a facer a nosa versión do cadro.

Ícaro, fillo de Dédalo, estaban nunha illa, e recibiron  unhas ás de cera para poder voar. O seu pai lle dixo que non se achegase ao sol , pois as ás derritirianse pero Ícaro entusiasmado por poder voar subiu e subiu ata que o sol derretiu a cera, e acabou caíndo ao mar.

Aquí podedes ver as nosas produccións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario