19 de maio de 2013

OS SACAPENAS

Despois de ler o conto " Os Sacapenas" iniciamos unha conversa na que todos e todas contaron ás suas preocupacións:
Polbiños:
A: a que apareza un neno e lle de puñetazos como cando vivía noutro lugar.
S: aos pesadelos.
X: a que mamá chore porque pode pillarme un coche ou porque teña sangue, ainda que mamá dime que non chore.
D: a que a miña nai morra.
Peixiños:
P: a andar coa bicicleta e morrer.
N: a que non me queiran.
I: as gaivotas.
A: a perder un pitiño da galiña.
N: aos páxaros xigantes.

Golfiños:
M: a quedar no mundo só e morrer.
J: as pantasmas.
I: Cando mamá estivo no hospital, estaba preocupado por ela.

Como vedes os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos teñen preocupación por temas importantes na vida .Ainda que parece que nos sobresalta que teñan preocupacións sobre a morte e a enfermidade non debemos sentir angustia ante esas dúbidas xa que forman parte do noso crecemento como personas, dun crecemento saudable e normal.

:

Despois de falar e escoitar as reflexións do grupo nos dispuxemos a elaborar un sacapenas co fin de gardar esa pena ou preocupación dentro dela e pola alegría coa que traballaron na sua elaboración parece que xa empeza a ter o seu efecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario