31 de xan. de 2013



ANTROIDO 2013
NA ESCOLA DO RIBEIRO

Este ano 2013, no Entroido, imos ir de mergulladoras e mergulladores.

Xa sabedes que precisamos:

     Roupa negra e pucho negro para o traxe.

Completaremos o disfraz con material de refugallo que reciclaremos.
     As aletas farémolas coas  partes laterais dos recipientes de suavizantes, deterxente líquido...

     As gafas de mergullo serán a base da botella.

     O cinto de chumbos para non aboiar e quedar no fondo do mar, estará feito con caixas que construíu Rubén , o pai do polbiño Xoel e que nós pintaremos na escola.

     As bombonas de osíxeno, serán duas botellas de plástico de refresco e unirémolas con fita aillante negra.

     O tubo para poder respirar será do que usan os electricistas como Juan, o pai de Xián, quen traerá o material e tamén traeran máis tubo os pais de Hugo.

     O manómetro de pulso, para comprobar a profundidade, a presión... elaborarémolo na escola.

E con todo o equipo ímonos MERGULLAR  para disfrutar dos fondos mariños.

30 de XANEIRO. DÍA DA PAZ

Celebramos o día da Paz cun acto simbólico, no que afundimos as emocións, pesadelos, pensamentos, ideas, etc que non queremos que aboien endexamais e que estando soterradas faran do mundo un sitio mellor e rescatamos do fondo do mar as ilusións, sensacións, proxectos, etc que nos axudaran a vivir nun mundo máis solidario, xusto,menos desigual... Pasamos por un tunel que na sua primeira parte acumulaba a violencia e tristura do mundo nos transformaba en persoas cheas de ledicia, ilusión, e bos sentimentos para buscar xuntos un mundo mellor.

28 de xan. de 2013

MACARIO DROMEDARIO

Subidos na chepa de Macario achegamonos aos desertos, e comprendimos a necesidade da auga e como a sua ausencia inflúe na paisaxe e na vida.  Por outra banda, falamos da necesidade de solucionar os conflictos doutro xeito que non sexa chorar, buscando alternativas.
30 DE XANEIRO. Día da paz.

O vindeiro 30 de Xaneiro celébrase o día da paz. Dende a escola querémosvos propor, que xa que este ano o disfraz do Antroido vai de mergulladoras e mergulladores, toda a familia ( incluídos amigos, gatos, cadelas, paxaros e ata ratos) os mergulledes nos mares profundos para facer duas propostas:

1. Deixar no fondo do mar para que nunca máis aboien á superficie aquelas ideas, obxectos, pensamentos, emocións, sentimentos... que desexedes que queden enterrados para achegarnos a un mundo máis vivible, máis pacífico, menos inxusto...

2. Recuperar do fondo do mar as ideas, ilusións, sensacións, cores, luces, cheiros, emocións, cancións, proxectos... que nos axudarían a vivir nun mundo máis solidário, máis xusto, menos desigual...


As propostas son totalmente abertas. Podedes escribir un texto, debuxar, facer un collage, traer palabras, ideas, fotos, pedras, flores... o que vos queirades.


Na escola teremos unha caixa para agochar no fondo do mar  e outra para aquilo que recatemos para espallar polo aire e que caía como choiva para que quede para SEMPRE incorporado no ciclo da auga. 

OS MIL BRANCOS DOS ESQUIMÓS

Achegamonos a cultura dos esquimós onde a auga en estado sólido marca un modo de vida.

23 de xan. de 2013

CONCERTO EN RIOMAIOR!.

Visitamos o colexio de Riomaoir para asistir a un concerto didáctico a cargo da escola de música de Vilaboa. Disfrutamos do conto,do reencontro de vellos e vellas compañeiros e compañeiras e da música que nos envolve e traslada a vila de Vento metal e Ventomadeira.

8 de xan. de 2013

OS REIS MAGOS

Logo de merendar a rosca, agardábanos unha sorpresa: Os Reis Magos estaban no escenario do salón de actos!!!! Puidemos entregarlles as nosas cartas e fixéronnos un agasallo estupendo: Un conto de OQO!!!!!