23 de xan. de 2026

POESÍA, ARTE



Hoxe na aula vivimos unha experiencia moi especial 💛: realizamos unha actividade de ilustración artística dun poema pertencente a un libro recentemente presentado: “Sueños de juventud” por unha mamá da nosa aula, Belén Arosa. Foi unha maneira preciosa de achegar a literatura ao alumnado e de poñer en valor o talento das nosas familias.


Antes de comezar a pintar, falamos sobre algúns elementos básicos da poesía: que é un poema, que son os versos e as estrofas, que significa a rima e tamén identificamos o título e a autora.

Tamén reflexionamos sobre aspectos do proceso de creación que Belén recolleu na presentación: 

- É preciso un lugar e momento tranquilo para escribir.

- Busca da inspiración en lugares cheos de natureza 

- Uso da escritura para expresar e canalizar e sentimientos. 


A continuación, escoitamos o poema en voz alta e, mentres se ía lendo, os nenos e nenas foron debuxando e pintando aquilo que lles ía transmitindo, deixando voar a súa imaxinación e expresando emocións a través da arte.


Foi unha actividade moi enriquecedora, na que se mesturaron literatura, expresión artística e emocións, e na que gozamos moito creando a partir das palabras. 

A obra final cincuenta foi exposta no exterior da aula co obxecto de poñer en valor tanto o traballo da autora como a expresión gráfica do alumnado. Unha actividade moi relacionada co noso proxecto de arte así como de traballo da lectoescritura a través do arte. 




































































20 de xan. de 2026

Visita Seprona

 Hoxe recibimos na nosa escola a visita de Verónica, un membro da Garda Civil, acompañada do seu títere Corralito.

O alumnado nesta charla tivo a oportunidade de coñecer máis de preto o labor que realiza o SEPRONA, e da súa de función de protección cara ao medio ambiente, centràndose nas boas prácticas que axudan a conservar os bosques, así como daquelas accións que poden poñer en risco a nosa seguridade e a dos animais e das árbores.

È importante coñecer, valorar e coidar o noso medio dende as idades màis temperás.






16 de xan. de 2026

INAUGURACIÓN DA NOVA CUBERTA




 Comenzamos o ano cun novo tellado na Escola:


O alumnado, moi implicado en todo o proceso de cambio, puido gozar esta semana dunha vista moi especial grazas ás imaxes gravadas con dron 🚁












































Exposición do Proxecto ANTES e DESPOIS da cuberta da Escola 





Inauguración oficial coas autoridades: 

✨ Inauguración da nova cuberta da Escola de Pousada ✨ 

Inauguramos a nova cuberta da Escola de Pousada, unha actuación froito do traballo conxunto das administracións. O Concello encargouse da retirada da antiga cuberta, mentres que a Consellería asumiu a súa substitución, mellorando así as instalacións do centro.
No acto contamos coa presenza do director territorial de Educación, Don César Augusto Pérez Ares, do delegado provincial Agustín Reguera, do alcalde de Vilaboa César Poza, así como de concelleiros do Concello, entre eles Alberto Acuña.
O equipo docente e o alumnado da Escola de Pousada foron os encargados de amosar as instalacións e a exposición da obra, que inclúe os deseños da cuberta realizados polo propio alumnado, así como o debuxo da nova cuberta. Esta experiencia converteuse tamén nunha valiosa oportunidade de aprendizaxe para as nenas e os nenos, facéndoos partícipes de todo o proceso.