17 de nov. de 2026

Psicomotricidade🤸


Hoxe a música foi un elemento fundamental da sesión de psicomotricidade, guiando cada un dos movementos. Comezamos con xogos con aros: primeiro meténdonos dentro ao parar a música mentres pouco a pouco os aros ían desaparecendo e o xogo íase complicando. Despois fixemos outra variante do xogo na que os aros agora eran compartidos, tendo que meter varios nenos e nenas para que ninguén quedase fóra.

Continuamos con persecucións conclasci xogo do pilla-pilla, outro imitación de animais e por último rematamos co xogo do xornal, no cal incluímos un novo material que logo nos serviu para realizar a representación gráfica da sesión.



























16 de nov. de 2026

Unha casa de medo!


Hoxe, dentro das propostas de ArtLAB de InnovaLAB, xogamos co libro Juego de sombras, de Hervetullet .

Co retroproxector, as sombras do libro e moitas ganas de experimentar, fomos creando entre todos unha gran obra colectiva. As formas proxectadas mesturáronse cos debuxos, as cores das acuarelas e as ideas dos pequenos artistas, que foron transformando a composición ao seu gusto.

E como toda obra de arte merece un título, fixemos unha votación para escoller o nome. O resultado? “Unha casa de medo”! 👻

Unha mañá para xogar coa luz, imaxinar, crear xuntos e descubrir que na arte non hai unha única maneira de facer as cousas.

















12 de nov. de 2026

O San Martiño

Onte na nosa localidade celebramos o San Martiño e hoxe quixemos adentrarnos nesta celebración no cole,cun proxecto moi especial que une o debuxo, a escultura e a nosa cultura.

  • Investigando razas: Afondamos na diversidade da nosa gandería coñecendo as diferentes razas de porco e a súa importancia no rural galego.
  • Inspiración en Lalín: Tomamos como referencia as marabillosas esculturas de "O Porco" da artista Manolo Rial, descubrindo como a tradición se converte en arte contemporánea.
  • Do papel ao volume e do volumen o papel  Comezamos debuxando para entender as formas e volumes, e despois pasamos ao barro, traballando a motricidade fina e a experimentación cun grupo e co outro as mesmas actividades pero na orde contraria.