Xornada de convivencia con algúns dos residentes e usuarios de Caser Residencial Pontevedra, ubicada en Bertola. Primeiro explicaronnos como viven alí, de que espazos dispoñen, quen traballa, que les gusta facer no seu tempo libre, que actividades realizan… logo rematamos a xornada cuns xogos tradicionais: o trompo, tira-soga, pano… foi unha experiencia moi enriquecedora e gratificante. Gracias pola visita.
A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
24 de maio de 2023
SAIDA BASE BRIGADA FORESTAL
O alumnado de 6º de EI desprazáronse ata O Campaño onde na base da brigada forestal helitransportada lle explicaron a súa función e traballo. Unha actividade de concienciación a prol do coidado do medio ambiente e en conexión co proxecto este trimestre.
Tamén foi moi emotivo ver cómo se reencontraron na aula co resto do alumnado e como lle explicaron o vivido durante a mañá.
17 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS
Partindo da obra: DANZAS POPULARES GALLEGAS de Fernández del Riego, traballamos nas aulas as partes do traxe tradicional galego, conmemorando así o Día das Letras Galegas 2023.
Traballamos tamén algúns instrumentos tradicionais como a pandeireta e a gaita e bailamos moito!
16 de maio de 2023
INSTALACION DE TERRA, AUGA E AIRE
Hoxe na escola aproveitamos que xa estamos inmersos na primavera e utilizamos diferentes elementos da natureza para realizar unha instalacion que resultou moi divertida.
Neste proxecto tivemos diferentes ambientes
Auga, Terra e Aire
Cada neno e nena escolleu libremente por onde moverse e experimentar cos diferentes materiais que se ofrecian. Algunhas invitacións ó xogo foron:
- camiño sensorial
- creación de pigmentos naturais
- xogo simbólico con animáis dos diferentes ecosistemas
- xogo con auga e motricidade fina retirando os plásticos do noso mar.
- pintura con auga: xeo, pulverizadores…
- liberación de animais en xeo
- experimentación co movemento do aire: cintas, plumas, ventiladores manuais, pompas, globos…




























































