A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
16 de set. de 2020
14 de set. de 2020
SAÍDA Á CONTORNA
Despois de un tempo se pasear polos camiños de Pousada voltamos a percorrelos e observar os cambios destes
E xa de volta na escola...
12 de set. de 2020
10 de set. de 2020
3 de set. de 2020
5 de xul. de 2020
Bo día:
polbiñas (NARA e ARIANA) e porquiña (SARA);
peixiñas (VALERIA, LEIRE e LUNA) e golfiñas (NAIRA, CLOE e ARIADNA);
polbiños ( KIKE e JOSUÉ) e xoaniñas (XOEL, ARIA, SAÚL, LEO, XIANA e MARTIÑO );
gavotiña (ANTÓN) e porquiños (DANI, OLMO, PABLO e CRISTIAN);
peixiño (DARÍO) e golfiños (BERNARDO e ISAAC).
Este foi o inicio da primeira comunicación que tivemos entre a escola e a casa hai algún tempo. Era a mediados de Marzo e pouco sabiamos do que ía pasar. Aquí estamos e chegamos, ata aquí, collidos da man da escola e da casa e no medio están as vosas fillas e fillos que é o que nos xunta, o verdadeiramente importante. Sabemos que o respecto polas súas vidas é primordial para o seu desenrolo como persoas, lembramos que elas e eles non son aquilo que nós queremos que sexan senón que teñen a súa propia maneira de estar no mundo, a súa propia mirada que nos enriquece en cada instante.
Durante os primeiros días, nas comunicacións que subiamos ao blog, había ao final do texto unha reflexión sobre a necesidade e a importancia do xogo. Animámosvos a que volvades a reler en calquera momento esas citas e a quereflexionedes sobre as mesmas. O blog é algo vivo, como a escola é viva, o que nos permite andar para adiante e para atrás, revisar, equivocarnos, adiviñar, soñar, construírnos como persoas críticas.
Todas as experiencias que compartimos neste tempo incerto xa forman parte de nós e nos permitirán comprender algo máis do que está por vir.
Seguimos navegando nun barco de infancia. Nun futuro inmediato subirán no peirao de San Adrián máis nenas e nenos. E a tripulación que, xa está preparada,embarcará nalgún barco pirata para navegar por océanos infinitos en compaña de diferentes embarcacións que xa habitan os océanos.
VÉMONOS NO RIBEIRO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































































