19 de maio de 2026

VISITA BRIGADA HELITRANSPORTADA O CAMPIÑO

 Hoxe, o alumnado de 6º de Educación Infantil, visitaron xunto co resto dos compañeiros e compañeiras das escolas do CRA a Base Helitransportable do Campiño para afondar na prevención dos incendios forestais e na loita para extinguilos cando se producen.

 Amosáronnos as instalacións e explicáronnos a importante labor que realizan. Tivemos a oportunidade de ver de preto a motobomba, aprender a manexar a mangueira e, por suposto, descubrir o helicóptero, que foi unha das partes que máis nos impresionou da visita.

Foi unha xornada moi interesante e divertida na que aprendemos moito sobre o coidado dos montes e a importancia de previr os incendios forestais.



























Ningún comentario:

Publicar un comentario