Desfrutamos dunha xornada de convivencia na Escola de Paredes para conmemorar a Semana das Letras Galegas.
O motivo principal da visita foi visitar a nosa radio escolar, Radio Salgadiña, gozando da oportunidade de experimentar coa nosa voz e seguindo a liña da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista que se recoñece pola súa labor na Radio Galega.
Así mesmo, complementamos a xornada cunha chea de contos de de autoría e ilustración galega que acompañaron diversas propostas de xogo na que desfrutamos moito compartindo, creando e convivindo cos compañeiros/as da outra escola.
.

































Ningún comentario:
Publicar un comentario