26 de mar. de 2026

Busca de ovos!

 Hoxe na escola anticipamos a celebración do Día de Pascua cunha divertida busca de ovos polo patio 🐣🌼. Os nenos e nenas participaron con moita ilusión e, sobre todo, con grande delicadeza, conseguindo que todos os ovos frescos chegasen en perfectas condicións á oveira.

Unha vez recollidos, realizamos o reconto de maneira individual e tamén por ducias, traballando así o cálculo dunha forma práctica e divertida. Para rematar a actividade, puxémonos mans á obra na cociña e elaboramos unha deliciosa receita de ovos recheos, desfrutando do proceso e do resultado final.










Ningún comentario:

Publicar un comentario