7 de mar. de 2026

Xardín de Rosalìa

 Na nosa escola, o venres conmemoramos o Día da Natureza cunha actividade moi especial para o noso alumnado, realizando unha pequena plantación xunto cos nenos e nenas no Xardín de Rosalía de Castro, un espazo que inauguramos ese mesmo día. Parte deste xardín xa estaba preparado con anterioridade e tiñamos moitas ganas de darlle o toque final. Porén, decidimos agardar para inauguralo coincidindo co Día da Natureza e ademais, quixemos render así unha homenaxe a Rosalía de Castro, unha autora moi vencellada á natureza e que amosaba na súa obra un grande amor e respecto por ela. Durante a plantación, os nenos e nenas puideron participar activamente, aprender sobre o coidado das plantas da man de Papoula Floristería, e reflexionar sobre a importancia de respectar e protexer o noso entorno natural. Foi unha experiencia moi bonita que, ademais de achegalos á natureza, lles permitiu sentirse parte do coidado deste novo espazo.

Esta actividade foi posible grazas á colaboración do ANPA, a quen queremos agradecer especialmente a súa implicación, axuda e o grande labor que realizan sempre apoiando as iniciativas do centro.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario