16 de dec. de 2025

OBRADOIROS DECEMBRO

 A continuación explicamos os dous obradoiros de LECTOESCRITURA levados a cabo no mes de decembro nos que se lle deu prioridade a exploración motriz de amplos grupos de músculos así como as experiencias sensoriais de cor, textura e cheiro. 



OBRADOIROS NOVEMBRO

 A continuación deixamos a documentación dos obradoiros realizados no mes de novembro apeoveitando o apoio de profesorado e o traballo en pequeno grupo. 

Na área da LOXICA MATEMÁTICA continuamos cos experimentos en relación ao proxecto anual e ao pensamento da experimentación. Ademais presentamos os bloques lóxicos como material de traballo que será empregado con continuidade e repetición. 

En canto a LECTOESCRITURA traballouse a correspondencia fonema-grafema, a función do texto e o traballo cooperativo. 







12 de dec. de 2025

Fomos á Farmacia de Vilaboa-Loreto

Esta mañá visitamos a Farmacia de Vilaboa-Loreto para achegar un adorno feito para o concurso.  







 


Überraschung für Nino

Está mañá as profes Yoli e Conchita contáronnos un conto en alemán… elas non saben moito alemán… así que traducírono.  


 






11 de dec. de 2025

Visitamos o concello

 Esta mañá aproveitamos para achegarnos al concello e coñecer a sala de plenos co alcalde. 









10 de dec. de 2025

Felicitamos a María a Carteira

 Hoxe vivimos unha mañá máxica ✨

Na biblioteca contamos o conto de Papá Noel e o correo, descubrindo como viaxan as cartas cheas de ilusión. 






Despois, puxémonos mans á obra e fixemos a nosa felicitación para María, a carteira de Vilaboa con moito agarimo e creatividade.







E o mellor chegou ao final… 🎁

De sorpresa, achegámonos a primeira hora a oficina de Correos para entregarlle persoalmente a nosa felicitación. Un momento cheo de emoción que non esqueceremos!

A maxia do Nadal está en cada pequeno xesto ❤️🎄








9 de dec. de 2025

Obradoiro de Adornos de Nadal

Esta mañá na BiblioCRA recibimos a visita das nais de Gael e Helena e fixemos una adornos para árbore de Nadal marabillos.