28 de nov. de 2024

INAUGURAMOS NADAL! 🎄

Gracias a proposta dunha familia, inauguramos o Nadal en Pousada. Comezamos cun conto sacado das novidades da Bibliocra para dar paso a 4 obradoiros para elaborar adornos para a nosa árbore. 

Ademais aproveitamos a súa compañía para desenvolver a rutina das merendas preparando un zume de laranxa! 

Gracias unha vez máis por colaborar. A participación das familias tece relación, apoio e coordinación entre escola e casa e o alumnado desfruta restas visitas. As portas sempre están abertas para quen queira acompañarnos, só tedes que comunícalo! 

A partir de hoxe, o Nadal será elemento motivador para traballar propostas de diferentes ámbitos do desenvolvemento. 





















25 de nov. de 2024

VISITA CAFÉ MODERNO

 Desfrutamos dunha mañá chea de arte en Pontevedra! Aproveitando para coñecer como ser bos visitantes de museo, aprendendo a valorar as obras de arte e estimulando o gusto estético por elas. Por último realizamos un obradoiro con microscopio e creando as nosas propias obras abstractas. 


















25N. 💜

 Traballamos previamente ó día reflexionando a través de contos como Maruxa ou Artur e Clementina que dan visibilidade a conductas propias de violencia de xénero. Ademais este último está moi relacionado coa identidade, con ser como nos gusta ser e nos fai felices sen que ninguén condicione as nosas accions, un aspecto que se está abordando na aula no marco do proxecto “Mens sana in corpore sano”. 

Ademáis falamos da cor violeta, da “manifestación” do ano pasado e o sei cartel, podendo percatarnos de que lles resultou unha actividade moi significativa que aínda hoxe teñen presente, recordan, coñecen e saben explicar. 

Por último practicamos para a nosa “performance” deste ano para poder así interiorízala e compréndela, dándolle o verdadeiro sentido e traballando ao mesmo tempo outros aspectos relacionados coa orientación espacial, psicomotricidad e fina, linealidade, psicomotricidade grosa, lectoescritura…. 

Ese día, representánmolo para darlle visibilidade a comunidade e concienciar así sobre a súa importancia. 



















22 de nov. de 2024

CREMA DE CABAZA

 Hoxe tivemos o pracer de merendar crema coa cabaza da nosa horta , sentounos xenial unha merenda quentiña! 

Primeiro non nos esquecemos de falar sobre os beneficios que teñen estés alimentos para a nosa saúde: a vista, os ósos, o aparato dixestivo, a pel……

Logo a cociñar e por último a papar! Que xa tiñamos ganas despois de pasar a mañá co arrecendo das hortalizas ó lume!