30 de nov. de 2022

XOGOS DAS BOLSAS BRINCACONTOS 🧩🦘


Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na clase da mestra Alba, chegou a bolsa rosa, vinculada ao plan EduSaúde, e por iso os peques nos explican a xogar aos “Dados de ioga” 




Na clase da profe Henar,  chegou a bolsa negra, asociada al plan EduInnova, por iso chegou o “Marge Cube” co que nos aproximamos á realidade aumentada. 



E se vos preguntades como grabamos esta pasada de vídeos, aquí vos deixamos unhas fotiños do proceso de creación co croma, material de Polos Creativos. 






25 de nov. de 2022

Experimento fases da lúa 🌜



 Esta semana na escola de Pousada fixemos un experimento para aprender as fases da lúa.

Resultoi moi divertido e agora xa sabemos moitas cousas da nosa amiga a 🌜

#CPINNOVA#EDUINNOVA

Experimento  do mes de novembro









NIN UNHA MENOS 25 N

25 NOV Conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.



























 

18 de nov. de 2022

SAÍDA Á EXPOSICIÓN POP-ART

 Este xoves tivemos saída escolar á cidade de Pontevedra.

Alí visitamos a exposición de Pop-Art que nos encantou. Dentro do museo encotnramos unha morea de cabazas que nos deixaron pistas para atopar unha obra de arte feita con puntiños. 

Tamén estivemos nunha clase de arte onde pintamos as nosas propias cabazas e fixemos un experimento.


Foi moi divertido e ademais... veu o AUTOBÚS!