PÍNTEGA: sacabeira, salamandiga, salamanca, sacarrancha, pintárraga, pezoña, pinchorra, zarramancha, roncha, sapagueira, pinta, zaramela...
Anfibio con certos respetos. A píntega é tan terrestre que si cae a auga pode perde-la vida. De tódolos xeitos non anda moi lonxe dos ríos. Cando vai a parir acude o medio acuático introducindo a cloaca e a parte caudal na auga.
Vese nas carballeiras e soutos sempre pretos da auga. É o único anfibio galego negro con manchas amarelas. Pode vivir 25 anos.
Coidado con tócala pois os humanos facemoslles dano a elas.
INVESTIGAMOS SOBRE A SÚA ALIMENTACIÓN
Todo tipo de insectos. Gústanlle as miñocas e larvas de insectos, incluso arácnidos.
Tamén gusta moito das babosas e caracois.
Curioso: nunca xanta animais mortos.
HÁBITATS
Vive nos bosques, é polo tanto terrestre, evita os prados así como os recunchos moi abruptos e o mato seco. Follas e árbores caidas sempre que sexan húmedas e sombrias son o seu lugar preferido. Tamén se encova baixo as pedras e por suposto as raigotas dos arbres e matos.
Trátase dun anfibio nocturno.
Durante o inverno, a máis altura, soe darse o período de hibernación, que remata coa primavera.
A hibernación non é polo tanto moi normal, xa que se da en montañas altas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario