9 de dec. de 2018

PORQUE VOAN AS AVES? E... PORQUE NON VOAN ENTÓN A AVESTRUZ E A GALIÑA?

       

Todos e todas opinan que VOAN porque teñen plumas, e as avestruces non o fan porque pesan moito. A discusión chega coas galiñas que uns din que si VOAN e outros que non.
Entenden que as avestruces son aves corredoras pero diferenciar planear de voar xa resulta máis complicado, por iso teñen desacordo coas galiñas. Agora toca observar as galiñas no corral.

UNHA ZARAMELA NA ESCOLA


PÍNTEGA:  sacabeira, salamandiga, salamanca, sacarrancha, pintárraga,  pezoña, pinchorra, zarramancha, roncha,  sapagueira, pinta, zaramela...

Anfibio con certos respetos. A píntega é tan terrestre que si cae a auga pode perde-la vida. De tódolos xeitos non anda moi lonxe dos ríos. Cando vai a parir acude o medio acuático introducindo a cloaca e a parte caudal na auga.

Vese nas carballeiras e soutos sempre pretos da auga. É o único anfibio galego negro con manchas amarelas. Pode vivir 25 anos.  

Coidado con tócala pois os humanos facemoslles dano a elas.

INVESTIGAMOS SOBRE A SÚA ALIMENTACIÓN 

Todo tipo de insectos. Gústanlle as miñocas e larvas de insectos, incluso arácnidos.

Tamén gusta moito das babosas e caracois.

Curioso: nunca xanta animais mortos.

HÁBITATS

Vive nos bosques,  é polo tanto terrestre, evita os prados así como  os recunchos moi abruptos e o mato seco. Follas e árbores caidas sempre que sexan húmedas e sombrias son o seu lugar preferido. Tamén se encova baixo as pedras e por suposto as raigotas dos arbres e matos.

Trátase dun anfibio nocturno.

Durante o inverno, a máis altura, soe darse o período de hibernación, que remata coa primavera.

A hibernación non é polo tanto moi normal, xa que se da en montañas altas.


7 de dec. de 2018

PROCESO DE OXIDACIÓN DA MAZÁ

Observamos que ás mazás se oscurecen cando pasamos moito tempo sen cómela, e decidimos investigar o proceso de oxidación.
Antes formulamos as nosas hipóteses do que sucedería e despois de unha noite chegaron os resultados.
    
      

CAMBIEMOS O CONTO



       

Celebramos o 25 de novembro, día da non violencia de xénero a través dos contos populares: cambiamos o conto, os homes fotón mulleres e viceversa.
Ao Longo da semana contamos a versión inversa : 
" 0 belo durmiente"
" O príncipe e o guisante" 
E tamén visionamos os vídeo que vos deixo nos enlaces.