27 de abr. de 2016

NÚMEROS E REGRETAS

As regretas de Cuisenaire son un material vérsatil  de manipulación matemática que utilizamos habitualmente na escola. Poden utilizarse para unha  amplia variedade de temas matemáticos, como as catro operaciones básicas, fraccions, área, volumen, raíces cuadradas, resolución de ecuacions simples, los sistemas de ecuaciones, e incluso ecuaciones cuadráticas.

Nestas idades  serven para a aproximación ao concepto númerico, aprendemos a darlles valor, ordealas e entender certos conceptos matemáticos, iniciarnos nas suma e resta e xa nos atrevemos cos decimais pois as utilizamos para entender os céntimos e euros.

 A ventaxa de utilizar este materiais é que é manipulativo, que promove a aprendizaxe de conceptos que nestas idades son abstratos e permite ver, coller, mover, comparar facilmente.


26 de abr. de 2016

EN ABRIL CONTOS MIL

Pétala é un conto moi visual que ao fío da acción e desde unha perspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escaseza de auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Coa lectura podemos transmitir os valores necesarios para fomentar a conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o planeta. Alén diso, en concreto, a literatura infantil reforza a asociación simbólica con determinados significados e facilita a asimilación da realidade externa.

A lectura deste conto pode constituír unha boa estratexia para estimular a conciencia medioambiental na infancia, porque no neno ou nena se xera de maneira natural un novo concepto da importancia da auga.

Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará a súa aventura, e revelaranos a todos un segredo: os dragóns, por feroces e monstruosos que parezan, tamén teñen medo.

Se queres escoitalo outra vez preme no título:

EN ABRILCONTOS MIL

Sinopsis:

Hoxe é o aniversario de Mario e convidou a Alba a merendar na súa casa. Xa é case a hora, pero Alba non sabe que regalarlle. Polo camiño, busca algo que lle poida gustar ao seu amigo… Non sempre o máis fermoso é o máis difícil de atopar e tampouco é necesario buscalo moi lonxe. Esta historia preséntanos valores moi afastados dos que a sociedade de consumo nos trata de impor. Un libro sobre un agasallo imperecedoiro: a amizade.

A MÁSCARA DO LEÓN


A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga dramática, o que non é incompatible con outras funcións das cores, como acentuar o carácter positivo e alegre dos protagonistas, ou complementar a carga narrativa do texto.

O traballo da ilustradora chilena destaca tamén polo alto grao de iconicidade dos personaxes, sobre todo no caso dos secundarios, en simbiose perfecta cos que ocupan os primeiros planos. Ademais, a autora deléitanos con estilizados esquematismos gráficos e cunha figuración tan persoal como recoñecible.

Esto é o que os nenos e nenas captaron e asi o reflexaron coas súas produccións.

EN ABRIL CONTOS MIL

Unha noite,
Papá León foi visitar o picapau
e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma,
fría como o odio e vermella como a ira.

O paso á idade adulta do chamado a ser Rei da sabana é usado por Margarita del Mazo como un argumento contra clixés e convencionalismos O conto encerra unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas, conforme ao que os demais esperan deles. Ademais, alerta das dificultades á hora de alcanzar algo tan simple, e á vez tan complicado, como ser un mesmo.

Se queres voltar a escoitar o conto preme aquí:  A MÁSCARA DO LEÓN

EN ABRIL CONTOS MIL

E ese paseo convértese nunha viaxe sorprendente na que Catalina e o Oso percorren o mar, a montaña, o deserto, o día e a noite. “Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso” é a historia dunha amizade y un relato de aventuras que alcanza a dar a volta ao mundo dende a primeira ata a última das dúas páxinas. Unha obra que lles ofrece aos máis pequenos xogos numéricos, espaciais e psicomotrices.

ESCULTURA CON CUNCHAS

Un obradoiro no que o mar se transforma en artesanía.


Creamos libremente a nosa propia creación con barro e cunchas. 

19 de abr. de 2016

HENRI ROUSSEAU

CANTO CUSTA A SAÍDA AO CONSERVATORIO?

Cada saída ten un encargado ou encargada de recoller ás autorizacións de xeito que fomentamos a autonomía e responsabilidade e os cartos, un xeito de aprender matemáticas funcionalmente, pero cando non veñen moedas dun euro as operacións se complican polo que recurrimos as regletas como xeito de comprender que os céntimos compoñen o euro. con esta axuda xa son quen de facer ás contas!.