MATERIAL |
PREPARACIÓN |
Monecos de maínzo:
Cóllese unha mazaroca e átase a folla cara á punta con fío na dirección da barba ou pelo do maínzo. De seguido córtase a folla da parte de abaixo, se se quere que sexa un moneco, deixando unha pequena separación co fío co que se amarrou. Agora xa só falta facerlle un corte de pelo ou peiteado e poñerlle lazos, etc.
Moneca de folla de millo:
Faise enrolando as follas de millo e dobrándoas polo medio, procurando darlle forma de cabeza; átase por onde vai ser o pescozo e quedan aínda follas para facer o corpo; despois dobramos outras follas, enrolándoas sobre si mesmas, atámoslles as puntas e metémolas entre as follas que baixan da cabeza, amarrándoas fortemente por debaixo e xa temos os brazos; facemos outra vez o mesmo para as pernas e con outras 4 ou 5 follas cortadas a medida facémoslle unhas saias todo ao redor dela e atámola á cintura, por debaixo dos brazos simulando un cinto; facémoslle o pelo cos pelos da mazaroca e tapámolo cunha folla coa parte da base da espiga, facendo de pano ou gorro que se prolonga polas costas e amarramos ao pescozo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario